Quim Araujo, o terceiro

Joaquim Araujo é novo xogador da Esedé, o terceiro en chegar. Procedente do Sant Andreu, un histórico do fútbol catalán, no que xogou a pasada edición da Copa do Rei alcanzando os dezaseisavos de final ante o Atlético de Madrid. Atacante, pode xogar de mediapunta, extremo ou dianteiro centro. Ademais, a pasada tempada anotou tres dos 33 goles sumados polo seu equipo esta tempada. 
Quim 'O Mago' Araujo, como lle chaman polas terras catalanas, comezou a súa carreira deportiva nas categorías inferiores do Espanyol. Os dous anos de categoría infantil pasounos na Gramanet e tanto en cadete, os dous anos, como o primeiro ano de xuvenil vestiu a camisola do Premià. Posteriormente, fichou polo Badalona para xogar os dous últimos anos de xuvenil e o primeiro equipo no fútbol semi-profesional no segundo equipo badalonés. 
Unha tempada no Badalona B na Primeira catalana e outra na Gramanet B, onde non pode evitar o descenso do equipo colomense ao que aquí sería a Primeira rexional. Sen embargo, ese tropezo non evita a súa fichaxe polo C.F. Montañesa brilando no ascenso do equipo á Terceira división na súa primeira tempada e quedando ás portas da Segunda B na segunda demostrando un gran nivel espertando interés en equipos de categorías superiores. 
En 2011, Quim Araujo estreouse na Segunda B nas filas do Sant Andreu ante o Andorra CF. E despois de tres tempadas no conxunto barcelonés, onde xogou máis de cen partidos incluindo Copa do Rei, chega ao Compos baixo o alcume de 'Mago' e despois de deixar moi boas sensacións nos equipos que militou. 

2 comentarios:

  1. Tiene buena pinta, veremos si le buscan un buen socio para entenderse en la delantera.

    ResponderEliminar
  2. Tiene buena pinta x la que dices!!!

    ResponderEliminar