Chegan os primeiros resultados

O traballo regresa a San Lázaro para comezar a confeccionar o equipo da vindeira tempada. Oito xogadores pasaron polas oficinas do clube e os resultados falan por se mesmos. Dos oito, dous expresaron o seu desexo de abandonar o clube e os outros seis dependen do novo adestrador, que podería ser Luisito despois de abandonar o Ourense. 
Jimmy e Catú teñen sobre a mesa unha renovación á baixa, algo que xa pasou as anteriores tempadas. Os dous defensas, dúas estrelas do equipo branquiazul, agardarán á chegada do novo adestrador para confirmar a súa presenza para a vindeira campaña. Sen embargo, non estaría mal que o clube mellorase as ofertas aos dous. 
Castiñeiras, Taboada e Fondevila agardarán á chegada do novo adestrador para negociar a súa renovación se o substituto de Fredi así o quere. No caso do central, hai que recordar que o clube quixo que o capitán tivera un cargo na directiva ou nas categorías inferiores. Pola súa parte, Jordan podería ser o que máis preto está de renovar dos seis. 
Pola súa parte, algo difícil de contar, Diego Peláez e Diego Rey deixan o Compos por decisión propia. Rexeitaron as súas ofertas de renovación e xa poderían ter equipos para a vindeira campaña. No caso do 'mago', Oviedo podería ser a súa nova casa despois de coñecerse que o clube asturiano quere reforzar o centro do terreo de xogo con el. Pola súa parte, Diego Rey podería ter pechada a súa fichaxe polo filial do Levante na Terceira división. 
Como boa nova, as débedas económicas poderían estar saldadas con estes oito xogadores. Nos próximos días saberemos máis e confirmarase a marcha de Joselu. Ademais, Prol avisou na SER que a revolución na Esedé podería ser dun cincuenta por cento como mínimo. 

1 comentario: