A Segunda B volve a casa

Este sábado o Compos terá un duro enfrontamento contra o Coruxo, outro dos repetidores na categoría de bronce, no regreso da Segunda B a San Lázaro. Un partido difícil para o equipo branquiazul ante un dos favoritos para acadar un dos catro postos de promoción de ascenso de repetir o feito a pasada campaña, na que remataron na metade da táboa. 
Despois dunha xornada, o Compos chegará ao partido ocupando un posto baixo na táboa. A Esedé chega ocupando o décimo oitavo posto da táboa, en descenso, mentres que o Coruxo é terceiro despois de superar na primeira xornada ao SD Logroñés de Abadía, ex xogador do Compos, a dous minutos do final do encontro. 
Así comezou unha tempada na que os nosos acusaron o pésimo estado do terreo de xogo de O Couto, algo inadmisible para esta categoría. Unha derrota nun encontro onde os de Fredi mereceron moito máis e no que o Ourense aproveitou a única ocasión clara de todo o encontro. Pola súa parte, o Coruxo sufriu ata o último minuto para levarse a vitoria. Chaco fixo o primeiro para os locais. Empatou Iñaki xa na segunda metade. Miguel Centrón, ex do Compos, puxo de novo aos seus por diante. Olavarrieta igualou unha vez máis a contenda e Antúnez fixo o 3-2 definitivo xa no minuto 88. 
En canto ás baixas, Fredi segue sen poder contar con Diego Rey, Jorge, Catú, Óscar Fondevila nin Borja Facal. Pola súa parte, Antonio Gómez non poderá contar con Pedro Crespo, Pazó, Reguero nin Pedro Vázquez, todos mancados. 
O partido será este sábado ás 18 horas en San Lázaro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario