Uru e Peláez aumentan a plantilla. Benvidos!

A falta de confirmación oficial, o Compos xa ten dous novos xogadores no equipo. Trátase de dous xogadores atacantes con ampla experiencia en Segunda B a pesar da súa xuventud. Diego Nicolás Olivera de la Sierra "Uru" e Diego Peláez chegan de Extremadura e Coruxo respectivamente, nos que tiveron unha boa participación.
"Uru" é un dianteiro uruguaio recén chegado do Extremadura de 21 anos. O xoven ariete chega tras unha gran tempada no equipo extremeño onde, ademáis de 21 partidos na Liga, disputou a fase de ascenso a Segunda B este mismo ano. Sen embargo, na media tempada que xogou no Extremadura, tras chegar procedente do Celta B, firmou só 3 goles. E, como xa dixen, medrou coma futbolista no filial do Celta, en Segunda B.
Pola súa parte, Diego Peláez Silva procede do Coruxo. Media punta con gol, aínda que non o demostrou no Coruxo, santiagués que debutou como profesional no Pontevedra B na 2009/2010 a pesar de medrar coma futbolista na canteira do Celta. Aos seus 23 anos chega ca posibilidade de ser un dos xogadores que poderán formar ese Compos do futuro. 
Agora só falta a confirmación oficial destes dous xogadores e a chegada do porteiro, posto para o que soa con forza Adrián Laureda. 

2 comentarios:

  1. Me parecen (por nombre) 2 buenos fichajes, el único pero que le pongo es a la poca capacidad goleadora demostrada hasta el momento por Uru (si se confirma que el año pasado solo marcó 3 goles y la anterior 0.) Es joven, y puede mejorar, tiene un amplio marjen para hacerlo, eso es un punto positivo, pero también es cierto que no tener a un "rival" serio por el puesto puede hacer que Joselu se relaje y no de todo lo que tiene que dar. Creo yo que si tuviera en los entrenamientos a un Julian o a un Maikel disputándole un puesto seguro que daría más de si... Ya se verá, son todo conjeturas.

    ResponderEliminar
  2. Eu creo que os dous son boas fichaxes pero que sairán desde o banquillo seguramente. Ademais din que Peláez tamén ten gol e eso pode axudarnos. E se os dous eran titulares nos seus equipos en categorías superiores por algo será meu.
    Este ano voltamos a estar arriba. Ou ascendemos ou polo menos quedamos entre os 4 primeiros. Temos un equipazo.

    ResponderEliminar