Jimmy e Franqueira confirmados!

Óscar Seoane Mella 'Jimmy' e Diego Franqueira son as novas incorporacións do Compos para a próxima tempada, en Terceira. Suman así a quinta e sexta fichaxes e nas próximas horas serán presentados en San Lázaro.
Jimmy volve ao Compos despois de dúas tempadas no Montañeros en Segunda B. Retorna ao equipo que o veu crecer coma xogador profesional. Aos seus 24 anos, case 25, firma de novo ca Esedé para ocupar un posto no once titular como fixo na súa anterior etapa. Así a banda esquerda de San Lázaro recupera un gran dono que nunca debeu marchar.
E Franqueira chega aos seus 27 anos procedente do Cerceda. O xogador de Ordes xa coñece San Lázaro tras o seu anterior paso polo Cidade de Santiago. Ademais ven de xogar ao lado de Mariño, outro dos xogadores que a vindeira tempada vestirá a camiseta branquiazul. A diferencia de Jimmy xoga na banda dereita, é algo máis ofensivo e esta campaña co Cerceda anotou 5 goles.
Ademais pronto poderían confirmarse as chegadas de Joselu, goleador do Cerceda, e Rendo, do Negreira. 

2 comentarios:

  1. Estos fichajes "mediáticos" compensan en parte la decepción por alguna de las bajas sufridas. Me da miedo el puesto de delantero, veremos a quiénes fichamos...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Fálase de Joselu, dianteiro do Cerceda. A ver se se confirma

      Eliminar