Joselu e Rendo confirmados!

Xa temos dous novos xogadores na Esedé. Trátase de Joselu e Rendo recén chegados de Cerceda e Negreira respectivamente. Un novo dianteiro e outro central máis para ocupar as filas do Compos que deixan aberta todavía a posición vacante baixo paus. 
Joselu chega tras unha boa tempada no Cerceda, onde se sobresaiu coma goleador. Sendo compañeiro de Franqueira e Mariño, o goleador chega para ocupar o posto de Maikel e cubrir a misión do hispano-xermano. A pasada campaña anotou en Terceira 20 goles, unha cifra moi boa. 
O canteirán do Celta debutou coma profesional no filial celeste. Ademais xogou no Lorca, no Reus e no Teruel antes da súa fichaxe polo Cerceda fai xa dúas tempadas. 
Pola súa parte, Rendo procede do Negreira, onde xoga desde o 2009. O defensa santiagués, nacido como futbolista nas categorías inferiores do Depor, foi indiscutible no seu ex equipo xogándoo todo.
Agora só falta por confirmarse a chegada dun porteiro, e fálase do coruñés do Pontevedra Adrián Laureda.

4 comentarios:

  1. ¿Soy el único "raro" que piensa que en plantilla deberíamos tener 3 delanteros y no solo uno?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Temos 2, está tamén Louro. Pero si que é algo raro e máis se se fala de que o único que agora quere o Compos é un porteiro

      Eliminar
  2. Pero Louro es más extremo, ¿no? Yo entiendo que normalmente jugamos solo con 1, pero mira la temporada pasada, teníamos 3 y los 3 jugaron bastante debido a lesiones y sanciones, por no hablar de partidos que vayamos perdiendo y haya que cambiar de táctica... yo creo necesario tener 2 o 3 delanteros centro específicos; o al menos 2 y que el 3º sea un juvenil que pueda ascender al primer equipo cuando haga falta...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Louro, se non recordo mal, ten xogado algún partido como dianteiro centro e ademais ten bastante gol. Pero tes razón que fai falta algún dianteiro máis. Hai que ter en conta as lesións e o cansancio e este ano vai ser peor. Esperemos que traian un máis aínda que polo que se ve non están pensando en máis que fichar un porteiro para ser suplente de Christian.
      Pena que marcharan Maikel e Julián...

      Eliminar