Baixa de última hora

 Onte tivemos a primeira proba contra o Lugo e hoxe temos que despedirnos dun xogador que chegou a Santiago en 2016 para rematar a súa etapa Xuvenil e que comezou a súa carreira 'senior' cunha cesión ao Puebla. Dous anos despois con outra cesión por medio, deixa a Esedé malia contar cun ano máis de contrato con poucas oportunidades para demostrar a súa valía sobre o campo. 

 Chegou procedente das categorías inferiores do Deportivo e estreouse como 'senior' no Puebla, en Preferente, de boa maneira xogando un total de 34 partidos. Non obstante, non tivo esa sorte ás ordes de Yago Iglesias na tempada do ascenso á Segunda B sendo o terceiro central e acabando con só 5 partidos xogados, 2 deles como titular. E a pasada campaña sairía de novo como cedido ao Arzúa de Terceira onde sería un fixo no once titular xogando 31 partidos e anotando 2 goles. 

 Contra o Lugo, apareceu no once da segunda metade mais non chegou a convencer a Rodri, deixando o clube agora que aínda non hai un terceiro central. Dende aquí, queremos agradecerlle o feito defendendo as cores do Compos así como desexarlle moita sorte no seu futuro. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario