O Compos xa ten a súa primeira fichaxe de cara á vindeira tempada. Borja Rey Ramos, gardameta de 21 anos, ocupará o posto que deixou coa súa baixa Anxo. Un porteiro que chega procedente do Arenteiro, co que se estreou este mesmo ano na Terceira galega e que comezará a súa carreira como xogador branquiazul na vindeira pretempada, logo da fase de ascenso, posiblemente na Segunda B. Asina polas dúas seguintes campañas como proxecto de futuro ocupando unha ficha sub-23.
Borja Rey, santiagués, formouse nas categorías inferiores do Conxo chegando, xa en idade xuvenil, ao Deportivo da Coruña onde estaría só un curso para volver á capital galega, ao Santiago, onde remataría a súa etapa xuvenil nos dous últimos anos.
A súa carreira sénior arrincou moi preto de Santiago, no Ordes de Preferente. No cadro verde xogaría 31 partidos onde encaixou un total de 58 goles. Algo menos de sorte en canto minutos tivo no Carballiño. Estreouse en Lugo por mor da lesión de Rui, cando o partido xa estaba sentenciado a prol dos locais, e puido desputar tres partidos máis antes do parón repentino da competición onde encaixou dous goles e o seu equipo asinou cinco puntos grazas a dous empates e un triunfo.
Agora, o santiagués buscará medrar na súa carreira profesional nas filas da Esedé onde podería loitar polo posto que arestora é propiedade de Pato.

Ningún comentario:
Publicar un comentario