Boa estrea

O Compos deixou unha boa imaxe na súa estrea cando, recordemos, só suman dous días de adestramentos xuntos. Un difícil encontro ante o Clube Deportivo Lugo onde a Esedé soubo xogar de ti a ti gozando de boas ocasións para conseguir algo máis. Sen embargo, dous goles lucenses nos últimos minutos pecharon un bo partido por parte de ambos.
Os dous equipos buscaron a posesión da pelota e as mellores ocasións. Foron os albivermellos os encargados de poñer a primeira ocasión de perigo cun disparo de Pita directo á madeira provocando unha mellora defensiva na zaga branquiazul evitando máis perigo antes do descanso. Pola súa parte, o Compos case non puido achegarse á porta rival nos primeiros corenta e cinco minutos.
Na segunda metade, os trocos pareceron facer mellorar ao Compos. Ante un Lugo que buscou adiantar liñas, os nosos gozaron das mellores oportunidades con Martín coma xogador máis perigoso. 
Co paso dos minutos, o Lugo gañou terreo e fíxose coas mellores ocasións sobre a porta de Manu Cedrón e, nos últimos instantes, defendida polo xuvenil Becerra. Foi con este último con quen chegaron os dous goles, en cousa dun minuto. Manu e, segundos despois, Joselu fixeron os dous tantos. 
Agora toca pensar xa no encontro contra o Boiro, con vellos coñecidos, despois de dous adestramentos máis. 

ALIÑACIÓN: Lucas (Manu, min. 46 / Becerra, min. 80); Saro (Peña, min. 46), Cardeñosa (David Rey, min. 46), Taboada (Ander, min. 46), Saúl (Cabrejo, min. 46); Ube (Samu, min. 46), Make (Mon, min. 46), Alberto (Julián, min. 46); Mitogo (Rubén, min. 46), Diego Rey (Martín, min. 46) e Juan Rey (Santi, min. 46).
CARTÓNS
GOLES: 1-0 86' Manu, 2-0 87' Joselu.
CAMPO: Gómez Besteiro de A Fonsagrada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario