O Compos xa está a noventa minutos dun novo ascenso a categoría nacional. Unha nova victoria en San Lázaro ante o derradeiro escollo antes de retornar á Segunda B. Na ida, en San Lázaro ante case 5.000 persoas, o equipo demostrou unha vez máis estar metido no partido durante os noventa minutos só baixando a intensidade cando o partido estaba xa resolto. Manu Rodríguez e Yahvé foron os autores dos goles no único encontro da promoción na casa no que non marca Joselu.
Durante todo o encontro os pupilos de Fredi foron superiores a un rival que non soubo acostumarse a un campo de grandes dimensións. Ademais a afección fixo de xogador número doce animando dende antes de comezar a Final e levando así ao equipo á victoria.
O CD Cieza durante toda a primeira metade fixo un xogo directo e con chegadas rápidas á portería de Adrián, que cometeu algún erro que puido custar moi caro nos primeiros minutos do partido. E na outra parte do campo, a defensa murciana intentou frear de calqueira forma as chegadas branquiazuis anulando a Joselu evitando que lle chegasen balóns e puidera facer das súas na área rival.
As ocasións con perigo non chegaron con facilidade á porta de Rojo na primeira metade grazas a unha boa defensa ben situada sobre o terreo de xogo. Tampouco chegaron con claridade á portería de Adrián, que apenas tivo que meter dúas mans para evitar dous goles murcianos en todo o partido, xa que na segunda metade non foron capaces case nin de pasar do medio do campo.
Xa na segunda metade o primeiro gol non tardou nin cinco minutos en chegar. Na primeira chegada con perigo á portería, o esférico chégalle a Manu Rodríguez e este, como se dun dianteiro centro puro se tratase superou con sangue frío ao porteiro murciano, que pouco puido facer para evitar o primeiro da tarde. Un gol que puxo en pé un estadio que acolleu a mellor entrada en moitos anos e cun ambiente digno da Primeira división.
Co resultado favorable todo foi máis fácil. O Compos tivo máis o esférico na segunda metade ante un equipo que non atopou o seu sitio no terreo de xogo e que en defensa deixaba numerosos ocos para que a dianteira branquiazul tivera opcións de aumentar a conta goleadora. Sen embargo, a falta de puntería e sorte dos xogadores de enriba fixo que o Cieza non volvera para casa cunha goleada dolorosa.
E a falta de cinco minutos o encargado de facer que na volta poida haber algo máis de tranquilidade foi Yahvé. Despois dun erro de entendemento entre a defensa e o porteiro, o esférico caeulle ao '7' e este superou ao porteiro cun disparo dende fóra da área. Un gol moi importante provocando que o conxunto murciano teña que gañar por tres goles de diferenza para superar a eliminatoria.
A volta, na Arboleja dentro de oito días.
ALIÑACIÓN: Adrián; Borja, Catú, Castiñeiras, Jimmy; Gonzalo, Manu Rodríguez (Peláez, min. 68); Yahvé, Jordan (Mariño, min. 81), Joselu; e Marcos (Franqueira, min. 46).
CARTÓNS: Amarelos para Jordan e Yahvé.
GOLES: 1-0 47' Manu Rodríguez, 2-0 85' Yahvé.
ESTADIO: San Lázaro. Máis de 4.500 afeccionados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario