A Esedé estrease da mellor forma posible: con victoria ante a súa afección. Os que puideron achegarse a Santa Isabel puideron asistir ao mellor debut do Compos, algo que non puidemos ver o ano pasado ca derrota contra o Noia. Ante o Victoria CF, un rival inferior, os nosos apenas tiveron problemas para clasificarse para os oitavos de final da Copa Deputación contra o rival que coñeceremos nas próximas horas.
Bo partido do Compos cun once inicial no que só houbo tres das novas incorporacións, demostrando que Anxo sigue confiando nos xogadores que quedaron do ano pasado. O marcador pechouse antes de cumprirse o cuarto de hora de xogo con goles de Germán tras un córner e Joselu tras unha boa xogada pola dereita.
Hoxe é o turno de ir a Pontevea a ver o Triangular contra o Fabril e o Pontevedra. Forza Compos!
ALIÑACIÓN: Christian; Paco, Germán, Castiñeiras, Bautista, Manu Rodríguez (Rendo, min. 62); Mariño, Jacobo (Diego Peláez, min. 45); Franqueira (Uru, min. 55), Martín (Nogueira, min. 66) e Joselu.
CARTÓNS: -.
GOLES: 1-0 6' Germán, 2-0 14' Joselu.
ESTADIO: Santa Isabel.

Ningún comentario:
Publicar un comentario