50 anos dando guerra

A Esedé cumpre hoxe 50 anos! O 26 de xuño de 1962 creouse un soño en Santiago de Compostela. Un equipo que 32 anos despois daría a maior alegría posible á nosa cidade. Naceu unha ilusión, una familia... o Compos.
50 anos máis tarde podemos felicitar a un clube histórico tanto de Galicia coma de España. Un equipo que xa estivo dando guerra na Primeira división catro anos gañando ao Barça e empatando contra o Madrid... sen olvidar dúas grandes goleadas contra o Deportivo.
No ano do 50 aniversario puidemos celebrar o ascenso a Terceira, o principio da volta do máis grande. Un retorno que esperemos chegue o antes posible.
Forza Compos! Voltaremos ao máis grande!

Ningún comentario:

Publicar un comentario