Equipo completado

 Comezamos unha nova semana, a só un mes para que arrinque a tempada, e o Compos firma a súa última incorporación. Guille Torres chega procedente do Don Bonito, onde debutou na categoría de bronce, para reforzar o centro da defensa acompañando a Casas, Soto e Vesprini. 

 Guillermo Torres Gómez, nado en Barcelona en 1999, formouse nas categorías inferiores do Damm, unha das canteiras máis importantes do fútbol catalán, destacando e pasando á base do Real Madrid en categoría infantil permanecendo no conxunto branco ata xuvenís, pechando a súa formación no Espanyol en División de Honra. 

 Estrouse na etapa senior nas filas do Cerdanyola, equipo do grupo 5 da Terceira división debutando na segunda metade contra o Llagostera e participando nun total de 14 encontros, partindo en 10 como titular e superando os 1.000 minutos de xogo abrindo as portas da Segunda B. E sería no Don Benito onde tería a oportunidade de estrearse na división de bronce xogando un total de 7 partidos, 4 deles no once principal, e rondando os 400 minutos nos que viu un cartón amarelo. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario