Dobre cita

 Esta fin de semana, o Compos pechará o mes con dous partidos máis de preparación, sumando xa catro en oito días. O conxunto branquiazul terá que desprazarse tanto sábado coma domingo para enfrontarse a dous rivais que a pasada tempada compartían categoría cos nosos, uns acadando o ascenso á Segunda B e outros perdendo a categoría.
Dubra o sábado e Fabril o sábado. Dous rivais importantes para seguir coa pretempada da Esedé. Dous encontros en 24 horas para arranxar o pau recibido ante o Lugo o pasado martes en San Lázaro moi preto da capital galega.

Volta a Bembibre.
Case un ano despois, o Compos volverá ao Juan Baleato para buscar sumar alí unha importante vitoria deixando, unha vez máis, boas sensacións sobre o terreo de xogo. Terceira cita da pretempada logo da vitoria ante Negreira, rival da mesma división, e da derrota do Lugo, a un nivel moi superior tal e como se puido ver tamén sobre o terreo de xogo.
O Dubra, equipo xa de Preferente Norte e coa intención de volver á Terceira división canto antes, buscará arrincar a pretempada do mellor xeito posible, ante a Esedé. Un equipo que, ao igual que os nosos, buscará facer unha boa Copa Deputación comezando o torneo á misma vez que o Compos.

E outro rival de nivel.
Outro que buscará manter o seu bo nivel coa intención de arrincar ben a tempada nunha nova categoría é o Fabril. O filial do Deportivo enfrontarase ao Compos logo de non poder pasar do empate ante o Laracha xogando así a súa terceira cita do verán.
Logo de superar a Viveiro e Somozas nun triangular en terras luguesas, o equipo coruñés non foi quen de mellorar un empate a un gol na Laracha, ante o que se podería enfrontar na primeira rolda da Copa Deputación.
Un rival de nivel importante e que superou en dúas ocasións aos nosos a pasada tempada cun contundente 7-1 no total sen deixar opcións a un Compos que se viu superado en todo.

Preto de Santiago.
O encontro ante o Dubra será o sábado ás 19:30h no Juan Baleato de Bembibre mentres que ante o Fabril haberá que desprazarse a Camporrapado, ás 19h, onde o Campo da Silveira abrirá as súas portas para un novo partido de gran nivel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario