Entre onte e hoxe chegaron tres boas novas desde San Lázaro. O equipo xogará a Copa da Real Federación Española de Fútbol, xa se coñece a data e algún detalle do amigable contra o Celta e péchase a plantilla cunha nova chegada.
Comezando coa Copa da RFEF, o Compos comezará a fase autónoma ante o Negreira en San Lázaro o vindeiro xoves 22 de agosto. Será a dobre partido e a volta xogarase no García Calvo o 29 do mesmo mes.
En canto ao amigable ante o Celta en homenaxe ás vítimas do accidente de Angrois, xogarase o mércores 4 de setembro, entre os partidos ante o Coruxo e o Marino de Luanco, en San Lázaro. Será ás 21 horas e a portas abertas para que todos os que queiran poidan asistir a un gran partido contra o único equipo galego da Primeira división.
E tamén se confirma a chegada de Fran Pastor. Interior dereito de 19 anos procedente do Real Madrid C, onde xogou a pretempada. Sen experiencia no fútbol profesional, xogou nas categorías inferiores do clube branco dende os 8 anos chegando ás categorías inferiores da selección española. Unha boa chegada para pechar a plantilla a falta de dez días para o comezo da tempada regular en Ourense.
Ningún comentario:
Publicar un comentario